LITERATURAUNIVERSAL:PROGRAMA

PROGRAMA DE LITERATURA UNIVERSAL
2012-2013
© Manuel Justo Gil
I. PROGRAMA
I. De la antigüedad a la Edad Media
I.1.El papel de las mitologías y de la religión en los orígenes de la literatura.
I.2. Breve panorama de las literaturas bíblica, griega y latina.
a) El héroe clásico de la tragedia (Eurípides, Sófocles y Esquilo) y de la épica (Homero,  La Ilíada y La Odisea; Virgilio, La Eneida).
b) El papel de los personajes femeninos y masculinos (Ovidio, Las Heroidas)
I.3. La narrativa medieval (Le Roman de la Rose, Geoffrey Chaucer, The Canterbury Tales). Las novelas artúricas.
I.4. Los cantares de gesta, La canción  de Roldán. El Cantar de los Nibelungos. Beowulf. Los poemas caballerescos. Chrétien de Troyes.

II. Renacimiento y clasicismo.
II.1. Contexto general. Los cambios del mundo y la nueva visión del ser humano humanista (Thomas Moro, Giordano Bruno, Erasmo, Maquiavelo). El ensayo (Montaigne)
II.2. La lírica del amor: el Petrarquismo. Orígenes: la poesía trovadoresca y el Dolce Stil Nuovo. Dante, La Divina Comedia
II.3. La narración en prosa. F. Rabelais. El nacimiento del relato moderno. Boccaccio, El Decamerón
II.4.Teatro clásico europeo: el teatro francés (Corneille, Moliére, Racine). El teatro isabelino en Inglaterra (Shakespeare, Marlowe).

III. El Siglo de las Luces
III.1. El desarrollo del espíritu crítico: la Ilustración. La Enciclopedia. La prosa ilustrada: el ensayo (Voltaire, Diderot, Montesquieu).
III.2. La novela europea en el siglo XVIII. (Daniel Defoe, Jonathan Swift, Henry Fielding, Samuel Richardson, Laurence Sterne, Voltaire).

IV. La primera mitad del siglo XIX
IV.1. La revolución romántica: conciencia histórica y nuevo sentido de la ciencia (Rousseau, Herder, Goethe).
IV.2. Poesía romántica  (Goethe, Schiller, Heine, Lamartine, Vigny, Musset, Victor Hugo, Leopardi, Pushkin, de Quental, Wordsworth, Coleridge, Byron, Shelley, Keats, Tennyson, R. Browning, E. Barret Browning, Manley Hopkins). Novela histórica (W. Scott).

V. La segunda mitad del siglo XIX
V.1. Lass innovaciones filosóficas, científicas y técnicas y su influencia en la creación literaria. (Kant, Schopenhauer, Carlyle, Nietzsche, Huysmans) Marx, Darwin y Freud.
V.2. De la narrativa romántica al realismo en Europa.  Principales novelistas de la Europa del siglo XIX (Stendhal, Balzac, Zola, Flaubert, Dickens, Thackeray, Trollope, las Brontë, George Eliot, Hardy, Gógol, Turguéniev, Tolstoi, Dostoievski; de Queiroz, Fogazzaro)
V.3. Literatura y sociedad. Evolución de los temas y de las técnicas narrativas del realismo.
V..4. Los personajes femeninos en algunas de las obras más representativas (Madame Bovary, Anna Karenina).
V.5. El nacimiento de la gran literatura norteamericana (1830-1890) (Emerson, Whitman, Longfellow, Dickinson, Hawthorne, Melville, Twain). De la experiencia vital a la literatura. El renacimiento del cuento (Poe, Chéjov, Maupassant).
V.6. El arranque de la modernidad poética: el Simbolismo (Baudelaire, Verlaine, Rimbaud, Mallarmé).
V.7. La renovación del teatro europeo: un nuevo teatro y unas nuevas formas de pensamiento (Ibsen, Strindberg, Shaw, Büchner).

VI. Los nuevos enfoques de la literatura en el siglo XX y las transformaciones de los géneros literarios
VI.1. La crisis del pensamiento decimonónico y de la cultura de fin de siglo. La quiebra del orden europeo: la crisis de 1914. Las innovaciones filosóficas, científicas y técnicas y a su influencia en la creación literaria. El Existencialismo y el Marxismo (Heidegger, Russell, Sartre).
VI.2. La consolidación de una nueva forma de escribir en la novela (Conrad, James, Proust, Camus, Joyce, Woolf, Laurence, Mann, Kafka, Svevo, Gorki, Nabokov, Pasternak, Kundera). El nacimiento del héroe contemporáneo. La trama policial (Simenon, Chandler, Hammett, Chesterton, Christie).
VI.3. Las vanguardias europeas. El Surrealismo.
VI.4. La poesía (D’Annunzio, Valéry, Claudel, Pound, Yeats, Eliot, Heaney, Rilke, Ungaretti, Pessoa)
VI.5. La literatura escrita por mujeres (Woolf, Mansfield).
VI.6. La culminación de la gran literatura americana. La generación perdida (Fitzgerald, Hemingway, Faulkner).
VI.7. El teatro del absurdo y el teatro de compromiso (Ionesco, Pinter, Beckett, Brecht).

VII. La literatura y las otras artes
-Literatura y cine. Las adaptaciones de las grandes obras al cine. Estudio y comparación.
-El cine como literatura: los grandes filmes y guiones cinematográficos del siglo XX. El cine como arte literaria de masas (The Third Man, Apocalypse Now, Ran, Richard III, Henry V). (Griffith, Ford, Welles, Eisenstein, Kurosawa, Lang, Fellini, Visconti, Renoir, Chabrol, Truffaut)
-El teatro como espectáculo total.
-La canción moderna, los grandes poetas de la canción (Jacques Brel, Juliette Greco, Leonard Cohen, Bob Dylan, Historia de la música popular, jazz, blues, rock, rap, reggae, hip-hop).

II. OBRAS DE LECTURA OBLIGATORIA
William Shakespeare, Hamlet, Ed. Cátedra/ Espasa Calpe
Mary Shelley, Frankenstein o El Moderno Prometeo, Vicens Vives/ Castalia/            Austral
Stefan Zweig, Novela de ajedrez, Acantilado
Fernando Pessoa, Poemas de Alberto Caeiro, Visor

III. ESTRUCTURA DA PROBA
O exame constará de dúas opcións como nas anteriores convocatorias (opción A e opción B) e cada estudante terá que elixir unha delas sen que poida mesturar preguntas dunha opción coas da outra. Cada opción constará de tres exercicios, un teórico, un para relacionar e contextualizar autores/as e un no que o/a estudante deberá realizar unha análise literaria dun fragmento ou poema pertencente a unha das obras de lectura obrigatorias.
1. Tema (2 puntos)
Unha pregunta teórica onde o estudante deberá desenvolver un tema da materia de Literatura Universal
Ex.: Desenvolva o seguinte tema: A lírica do amor no Renacemento
2. Relacionar e contextualizar (1 punto)
O estudante deberá relacionar 5 autores/as coas súas obras e períodos literarios nos que se contextualizan (0.20 por cada resposta acertada que só puntuará no caso de que a relación entre os tres elementos sexa correcta)
Ex.:
O Tartufo — Molière — Teatro clásico europeo
Madame Bovary — Flaubert — Realismo
O vello e o mar — Hemingway — Xeración perdida da literatura norteamericana
Contos fantásticos — ETA Hoffmann — Romanticismo
A Ilíada — Homero — Literatura grega
3. Comentario de texto guiado (7 puntos)
Neste exercicio o alumnado deberá responder cuestións teóricas e históricas sobre a interpretación do contido e a forma dunha obra, a partir dun fragmento ou poema da mesma. Os fragmentos ou poemas sobre os que versarán as preguntas ou partes deste exercicio procederán de obras fundamentais da literatura occidental, expostas na lista de lecturas obrigatorias.
Así pois este exercicio constará de cinco cuestións ou actividades relacionadas coa obra e o autor/a:
1. Exposición sobre a época e movemento literario no que se encadra o autor e a súa produción literaria (1 punto)
2. Exposición sobre o autor e a súa produción literaria  atendendo á obra  seleccionada (1 punto)
3. Detección e exposición do tema principal do fragmento. Sentido do texto, tratamento dos personaxes, relación do texto coa totalidade da obra á que pertence, a expresión da voz poética (se se trata dun poema) etc. (2,5 puntos)
4. Exposición sobre os aspectos formais do texto (estrutura, técnicas narrativas etc. ou en poesía: estilo, métrica, recursos retóricos etc.), explicando as funcións que os trazos detectados cumpren dentro do fragmento ou poema proposto (1,5 punto)
5. Comentario crítico, persoal e argumentado sobre o contido e expresión do fragmento e da obra á que pertence. Cualificarase positivamente tamén a relación que se estableza, de forma razoada, con aspectos e conflitos da nosa sociedade actual, a universalidade e/ou actualidade da obra, así como a relación que poida ter a obra con outros produtos artísticos (obras musicais, teatrais, cinematográficas, artes plásticas etc.) (1 punto)

CRITERIOS DE CORRECCIÓN
Pregunta 1ª
Trátase de situar e caracterizar momentos importantes da evolución da literatura, dos grandes xéneros literarios (narrativa, drama e poesía), relacionándoos coas ideas estéticas dominantes e as transformacións artísticas, sociais, culturais e históricas do momento. Os estudantes deberán ser capaces de exemplificar con obras e autores e establecer nexos entre a literatura e a concepción do mundo que ten a sociedade nun determinado momento. Tamén poderán establecer relacións entre os textos da literatura universal e os da literatura galega, española e hispanoamericana que coñece a través de outras materias, así como entre os textos e as outras artes. Poderán recoñecer o influxo dalgunhas obras na literatura posterior, de mitos e arquetipos creados pola literatura e do seu valor permanente na cultura universal.
Pregunta 2ª
Trátase de que o estudante sexa capaz de relacionar unha obra co seu autor e inscribilo nun determinado movemento, período ou contexto literario.
Pregunta 3ª
Enténdese por comentario de texto, comentario crítico ou análise literaria unha interpretación e valoración do texto mediante criterios obxectivos e explícitos. O comentario de texto non é un resumo do argumento da obra, nin unha paráfrase do fragmento seleccionado, tampouco unha impresión subxectiva, laudatoria ou detractora; é realizar unha valoración argumentada dando resposta ás cuestións que se presentan.
As cuestións 1ª e 2ª desta pregunta están relacionadas co autor do fragmento e a súa obra. O estudante deberá saber situar o autor na súa época histórica e no período literario ao que pertence, así como, na 2ª cuestión, coñecer a obra á que pertence o fragmento e a produción literaria do autor/a.
Na cuestión 3ª o alumnado deberá saber concretar o tema do fragmento ou poema elixido para a proba, comentalo e relacionalo co contido xeral da obra e/ou das obras do autor/a. O alumno/a ten que amosar que coñece a obra e a comprendeu.
A cuestión 4ª versa sobre os aspectos formais do fragmento. O estudante deberá saber describir o texto de acordo a criterios de tipoloxía textual, xéneros e modalidades discursivas, así como sinalar os recursos formais do texto dependendo do xénero: análise métrica, elementos retóricos, técnica narrativa, recursos expresivos, caracterización dos personaxes etc. Deberá ser capaz de explicar as funcións que os trazos detectados cumpren dentro do fragmento ou poema proposto.
A cuestión 5ª é un comentario crítico, persoal e argumentado sobre o fragmento ou poema proposto. O alumno/a deberá realizar unha valoración argumentada que inclúa unha valoración persoal e amosar a súa capacidade para establecer relacións con outros temas, outras manifestacións artísticas e con tendencias ou conflitos da actualidade. Poderá dar pois a súa opinión sobre o tema fundamentándose en razóns e argumentos convincentes.
Valorarase positivamente a achega de xuízos e ideas coherentes e que reflictan unha visión madura e non simplista do tema, tamén a inclusión de ideas e puntos de vista Trátase de situar e caracterizar momentos importantes da evolución da literatura, dos grandes xéneros literarios (narrativa, drama e poesía), relacionándoos coas ideas estéticas dominantes e as transformacións artísticas, sociais, culturais e históricas do momento. Os estudantes deberán ser capaces de exemplificar con obras e autores e establecer nexos entre a literatura e a concepción do mundo que ten a sociedade nun determinado momento. Tamén poderán establecer relacións entre os textos da literatura universal e os da literatura galega, española e hispanoamericana que coñece a través de outras materias, así como entre os textos e as outras artes. Poderán recoñecer o influxo dalgunhas obras na literatura posterior, de mitos e arquetipos creados pola literatura e do seu valor permanente na cultura universal.
VALORACIÓN DA EXPRESIÓN
No que atinxe á expresión da resposta, tanto na pregunta 1ª do tema como na 3ª do comentario, teranse en conta os seguintes criterios:
1. A corrección formal e gramatical (ortografía, signos de puntuación etc.)
2. A precisión e a claridade (evitar repeticións innecesarias etc.)
3. A orde e coherencia da redacción (estrutura da exposición ou argumentación, seguir un fío condutor etc.)
4. Adecuación do rexistro lingüístico (evitar retrousos, usos coloquiais impropios etc.)
Dada a importancia da expresión, redacción e ortografía nun exame poderanse descontar ata dous puntos neste apartado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario